martes, 21 de abril de 2015

Viaxamos pola Idade Media!!!

Animádevos a viaxar pola Idade Media, a coñeder as súas cidades, os seus castelos, feudos, os pobos xermánicos, os estilos arquitectónicos: o sólido e sinxelo románico(séculos XI e XII) e o esbelto gótico (entre o XII ata o XV)



Empezaremos coñecendo unha cidade medieval, rodeada por murallas e con trazados sinuosos e irregulares. O centro da mesma acostuma a ser unha praza, en torno a cal se sitúan os edificios máis importantes,  construídos en pedra, dela soen saír rúas en distintas direccións, ocupadas algunhas delas polas casas e tendas dos artesáns,.. Imos ver unha delas que nos mostra o canal artehistoria:


                                                     

Os mosteiros son moi importantes na Idade Media, o edificio principal era a igrexa, entorno a ela levántase o claustro, onde os monxes meditan.

2 comentarios: