domingo, 23 de diciembre de 2012

Bo Nadal e Feliz Ano 2013!

Quero desexarvos a todos vos e as vosas familias un Bo Nadal , cheo de paz e ledicia!!!
Desde aquí, seguiremos a traballar  e a recopilar recursos e actividades para  facilitar as aprendizaxes no día a día.!!
Vémonos pronto!!!

Saúdos e unha aperta:

María Jesús



jueves, 13 de diciembre de 2012

Creamos cómics!!!!

Hoxe imos coñecer unha ferramenta nova, chamada  PLAYCOMIC, que permitirá a creación de cómics, en distintas fases e niveis, desde debuxar un cómic, buscar un final para un xa empezado, inventar diálogos para os bocadillos, convertir historias e transformalas en cómics e tamén á inversa, etc...
Queremos darlle as grazas a José Antonio que foi quen no lo mostrou e nos informou de todas as súas posibilidades.
 Desexamos que vos guste!! :)




lunes, 10 de diciembre de 2012

Dereitos humanos.

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos foi aprobada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948, por iso se celebra hoxe en todo o mundo o Día dos Dereitos Humanos. Podedes obter máis información pinchando nos enlaces.

viernes, 7 de diciembre de 2012

Nutrímossnos !!! II parte ;)

E como sei que a algún de vos lles gustan máis os vídeos, aquí vos quedan os de Érase una vez la vida, onde vos mostran unha viaxe a cada un dos aparatos. Desexo que vos gusten! ;)

Aparato dixestivo 




Aparato circulatorio



Aparato respiratorio



Aparato excretor 

Nutrímosnos!!!!

Empezamos un novo tema, que destaca pola complexidade e amplitude dos seus contidos, polo que  me parece importantísimo que comprendades e  reforcedes a información do mesmo. 
Temos que empezar lembrando que as funcións vitais que realizan os seres vivos son tres: nutrición, relación e reprodución
A función de nutrición é a que lle proporciona ás nosas células a enerxía necesaria para realizar as funcións vitais, neste proceso inteveñen catro aparatos, que traballan de xeito coordinado, e son:  

(Se pinchades en cada unha delas poderedes acceder a unhas actividades interactivas moi interesantes)