lunes, 24 de marzo de 2014

Gea e a formación das rochas!!!

Nos seguintes vídeos do Instituto Geominero , Gea explícanos como se formaron e como se clasifican as rochas. Veredes que interesantes son!!!





sábado, 22 de marzo de 2014

O Relevo e o Sistema Solar en Prezi!!

Ola, aquí vos deixamos as fantásticas  presentacións en prezi que prepararon Alejandra, Zaira e Rita sobre O relevo e  O Sistema Solar.
Parabéns, un traballo estupendo!!:)

lunes, 17 de marzo de 2014

Volcáns!!!

A continuación deixámosvos varios vídeos para que coñezades mellor este tema. No primeiro deles podemos ver a erupción dun volcán vista desde o espazo, xusto cando a Estación Espacial Internacional orbitaba encima, publicada pola NASA o 31 de xaneiro.





lunes, 10 de marzo de 2014

Aliméntate ben!!

O pasado venres participamos no plan proxecta dentro da modalidade "Ponlle as pilas ó teu bocata", que ten como obxectivo a mellora dos hábitos alimenticios e fomento do consumo entre outros de conservas  do mar.
Para a preparación dos nosos bocatas eleximos entre distintos manxares, desde atún, sardiñas, ... Estaban riquísimos, ummmmm!! :)
Despois participamos nunha charla informativa que nos resultou moi interesante!! 


Os nosos castelos!

Aquí deixamos unha pequena mostra dos vosos castelos, quedaron xenial!!!