miércoles, 30 de septiembre de 2015

Especies en perigo de extinción

Son moitas as especies de seres vivos que están en perigo de extinción na actualidade, demasiadas. Lembrade que os seres humanos desempeñamos un rol moi importante neste problema.
Premede na imaxe que se mostra a continuación se queredes votarlle unha ollada con máis calma á páxina web que estivemos a ver na clase.
Non esquezades que o vídeo da web é un traballo feito por rapaces de primaria, coma vós, así que tomade nota!

viernes, 25 de septiembre de 2015

Eclipse total da Súper Lúa Vermella!!!

Na noite do domingo ó luns poderemos ver en Galicia o eclipse total da Súper Lúa Vermella se as condicións meteoróloxicas o permiten. Chámaselle Super Lúa  porque ó estar máis próxima á Terra, a Lúa parecerá 14% máis grande e un 30% máis brillante.
Visita a páxina de Gciencia (Ciencia Galega) premendo na imaxe inferior e terás toda a información que necesitas. O próximo eclipse non terá lugar ata o ano 2018, así que... a ver se conseguimos velo!!!




jueves, 17 de septiembre de 2015

O sistema solar!!!

Primeiro tema: O Sistema Solar,  qué mellor que velo nun interesante video!!




Visitaremos tamén este pequeno sitio con moitas curiosidades do sistema solar,



Xoga un pouquiño, mirando as estrelas:




E por suposto, non podemos deixar de visitar a web da NASA, e da Axencia Espacial Europea








miércoles, 16 de septiembre de 2015

Comezamos e aprendemos mecanografía!!!

Comezamos un novo curso cheo de ilusión e queremos dar a benvida a todos os rapaces e rapazas do centro, en especial ós que comezades quinto de EP!!! 
E, por suposto, ós antigos compañeiros e compañeiras que agoran pasan a 1º da ESO, desexarvos o mellor para o vindeiro curso que agora comenza!!! :)

Xa estivemos a coñecer a aula de informática, e antes de empezar a empregar procesadores de texto, ferramentas web, etc... queremos aprender mecanografía, escribir no teclado con todos os dedos, se ademáis é xogando, pois moito mellor, así que seguiremos os consellos de vedoque, case sen darnos conta veredes como vos convertides nos campións do teclado. 

Ánimo, pinchade na imaxe,... comezamossssss!!!