domingo, 23 de diciembre de 2012

Bo Nadal e Feliz Ano 2013!

Quero desexarvos a todos vos e as vosas familias un Bo Nadal , cheo de paz e ledicia!!!
Desde aquí, seguiremos a traballar  e a recopilar recursos e actividades para  facilitar as aprendizaxes no día a día.!!
Vémonos pronto!!!

Saúdos e unha aperta:

María Jesús



jueves, 13 de diciembre de 2012

Creamos cómics!!!!

Hoxe imos coñecer unha ferramenta nova, chamada  PLAYCOMIC, que permitirá a creación de cómics, en distintas fases e niveis, desde debuxar un cómic, buscar un final para un xa empezado, inventar diálogos para os bocadillos, convertir historias e transformalas en cómics e tamén á inversa, etc...
Queremos darlle as grazas a José Antonio que foi quen no lo mostrou e nos informou de todas as súas posibilidades.
 Desexamos que vos guste!! :)




lunes, 10 de diciembre de 2012

Dereitos humanos.

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos foi aprobada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948, por iso se celebra hoxe en todo o mundo o Día dos Dereitos Humanos. Podedes obter máis información pinchando nos enlaces.

viernes, 7 de diciembre de 2012

Nutrímossnos !!! II parte ;)

E como sei que a algún de vos lles gustan máis os vídeos, aquí vos quedan os de Érase una vez la vida, onde vos mostran unha viaxe a cada un dos aparatos. Desexo que vos gusten! ;)

Aparato dixestivo 




Aparato circulatorio



Aparato respiratorio



Aparato excretor 

Nutrímosnos!!!!

Empezamos un novo tema, que destaca pola complexidade e amplitude dos seus contidos, polo que  me parece importantísimo que comprendades e  reforcedes a información do mesmo. 
Temos que empezar lembrando que as funcións vitais que realizan os seres vivos son tres: nutrición, relación e reprodución
A función de nutrición é a que lle proporciona ás nosas células a enerxía necesaria para realizar as funcións vitais, neste proceso inteveñen catro aparatos, que traballan de xeito coordinado, e son:  

(Se pinchades en cada unha delas poderedes acceder a unhas actividades interactivas moi interesantes)



sábado, 17 de noviembre de 2012

Nuestros cuentos de miedooooo ;)

Hola pequeños escritores y escritoras!!
Aquí están por fin  vuestros cuentos publicados!!!
Espero que no paséis mucho miedooooooo !!! :)

jueves, 15 de noviembre de 2012

Esculturas

Ola de novo!!! 
E, como o prometido é débeda, aquí queda unha mostra do traballo que fixestes con tanta creatividade e ilusión !! :)

 

lunes, 12 de noviembre de 2012

Ángulos

Un pequeno repasiño é bo, por iso aquí vos deixo unhas actividades que vos axudarán a afianzar o aprendido estes días. Desexo que vos gusten!!!


E como tamén aprendimos a sumar e restar ángulos, practicade con estas actividades de Mario Ramos. 





jueves, 8 de noviembre de 2012

Osos e músculos.

Aprende xogando!!!! Aquí vos deixo dúas actividades cas que podedes repasar a localización de osos e músculos, e incluso, aprender algo máis! :)






martes, 30 de octubre de 2012

lunes, 29 de octubre de 2012

O aparato locomotor

Ola de novo rapaces, deixovos o enlace á actividade interactiva de Agrega para que poidades repasar ou ampliar o novo tema :)


AGREGA 

martes, 16 de octubre de 2012

A diabetes!!!

Ola de novo rapaces, dado que investigamos sobre moitos e diferentes temas, e as veces non temos tempo suficiente de ver con detenemento os traballos feitos polos compañeiros e compañeiras, estreamos un novo espazo baixo a etiqueta INVESTIGAMOS, e, deste xeito podemos ler, mirar , coñecer e valorar todo ese traballo que realizades voluntariamente, polo gusto de aprender.
Espero que vos guste e aquí vai a primeira serie dos vosos traballos!!! :)


martes, 2 de octubre de 2012

Aprendemos a estudar!!!

Gústanos estudar, e queremos facelo ben, por iso convén  empregar técnicas de estudo eficaz, que ainda que xa as traballamos na aula, a seguinte actividade educativa axudarache a lembralas e poñelas en práctica!! Anímate e proba :)

jueves, 27 de septiembre de 2012

Mejoremos nuestros textos!!!!

Hola de nuevo, vamos a repasar un poco de Lengua Castellana, en concreto, la construcción de textos con esta actividad interactiva tan interesante :) Espero que os guste.
Agrega

martes, 25 de septiembre de 2012

Números e cifras.

Aquí vos deixo un enlace para dar un pequeno repaso á descomposición de números e a súa lectura.

Goberno de Canarias.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Queremos estar sans!!!

Empezamos un novo curso e queremos pasalo moi ben, pero para iso, é fundamental manter un estado de benestar físico, mental e social, e isto podemos conseguilo se mantemos uns hábitos saudables. Aínda que xa sabemos moi ben cales son, podedes xogar cos amigos de vedoque, e así non esquecelos:)




Non podesdes esquecer que tamén é fundamental o descanso, mira a Raúl, que nos conta como mellora a calidade de vida co descanso!!!


AGREGA


E para repasar o tema, aquí vos deixo unha actividade moi interesante, na que entre outras cousas podedes preparar os vosos menús sanos e equilibrados!!!



martes, 11 de septiembre de 2012

MAÑÁ EMPEZAMOS!!!!!!!

Ola de novo!!! Parece que foi onte cando empezamos as vacacións!!!!, Qué rápido pasou o tempo!!!! 
Espero que veñades cargadiños e cargadiñas de enerxías e ilusións,  así como tamén cuns centímetros de máis!!!! (como algunhas das compañeiras que vin estes días, que non perderon o tempo, e se adicaron a medrar) .
Vémonos mañá!!! Saúdos.

martes, 26 de junio de 2012

Felices vacacións!!!!

Ola, non me resisto a deixarvos unhas ligazóns divertidas e interesantes!!! Disfrutádeas!!! Vémonos o próximo curso!!!











martes, 12 de junio de 2012

Unha viaxe a través da historia!!!

Apetécevos unha viaxe no tempo!!! Pois agora podedes realizala  cun só clic! Animádevos e probade!!!


E se vos apetece máis que volo conten, non deixedes de mirar a seguinte actividade de Agrega:


martes, 5 de junio de 2012

Parlamento, institucións, Estatuto de Autonomía,...?

Ola de novo, o Goberno e as institucións da nosa Comunidade Autónoma son termos que as veces vos resultan un pouco complicados, por iso paréceme interesante que visitedes a páxina de inicio da Xunta de Galicia, a fin de ver con máis nitidez a súa estructura.
E os que xa o tedes máis claro, podedes profundizar ou curiosear nalgunha das outras institucións, por exemplo: Parlamento de Galicia, Real Academia Galega,... 

lunes, 4 de junio de 2012

Samba e Leo.

Este ano tivemos unha experiencia moi interesante e gratificante. Contamos con dúas tartarugas, Samba e Leo,  que pronto se converteron nas nosas "compañeiras". A pesar do seu silencio, sempre estiveron presentes. Con elas aprendimos moitas cousas: a súa alimentación, os coidados que requiren, a hixiene ... e, por encima de todo isto, a responsabilidade de coidar unha mascota.
Quero darvos os parabéns a tod@s polo ben que desempeñastes a vosa tarefa, e as grazas a Helena e a Marieta que tan xenerosamente nolas cederon.

martes, 29 de mayo de 2012

Capacidade e masa.

Para medir a capacidade usamos o litro  e para medir a masa usamos os gramos . Cada unha destas unidades ten, como sabedes múltiplos e submúltiplos. Hai unhas actividades interactivas moi interesantes, entretidas e clarificadoras, que vos axudarán a repasar e avaliar os vosos coñecementos. Algunhas das compañeiras da clase, xa estiveron buscando actividades e publicaron os enlaces nos seus blogs, a verdade e que vos deixan un abanico moi amplo onde  elexir. Se queredes, podedes mirar no blog de Andrea, Sara e Lucía.
Eu tamén seleccionei algúns, de toda a oferta que hai, aquí volos deixo. Saúdos. 
Empezaremos pola capacidade:

Junta de Andalucía.

Gobierno de Canarias . Mario Ramos
E agora, para repasar a masa, déixovos algunhas recomendacións:
Masa. Agrega.

miércoles, 23 de mayo de 2012

A poboación.

En Coñecemento do Medio estamos a iniciar un tema novo, que nos fala, entre outras moitas cousas, da poboación da nosa comunidade, e das súas características. Aparecen termos novos como poboación urbana, rural, activa e non activa,  densidade de poboación, poboamento disperso ou concentrado, etc... Nesta actividade de Agrega poderás afianzar ou ampliar os teus coñecementos.
Agrega. A poboación. 


lunes, 21 de mayo de 2012

Clases de palabras. El verbo.

Hola, en clase de lengua castellana estamos estudiando entre otras muchas cosas el verbo, y he encontrado una actividad interactiva muy interesante y entretenida que os puede ayudar a reconocerlo y a repasar: persona y número, tiempo, modo, conjugación, ... Espero que os guste!!!
Junta de Andalucía.
                                              
También hay una página educativa de José A. del Olmo, donde se proponen una serie de ejercicios y ejemplos didácticos que permiten reconocer el verbo y el cómo y cuándo se utiliza. Pincha aquí

martes, 15 de mayo de 2012

Seguimos ca lonxitude.

Aquí estou de novo, xa vos dixen que atopei outra actividade interactiva que está fenomenal, e como o prometido é deuda, aquí vola deixo!!!!
Agrega. La longitud.

viernes, 11 de mayo de 2012

Lonxitude. Relacións entre as distintas unidades.

Ola de novo, a lonxitude é un tema que está moi presente na nosa vida diaria, xa o traballamos de distintas formas: medistes as vosas habitacións, obxectos nas vosas casas,investigastes sobre o que poden medir as torres máis altas do mundo (podedes ampliar esta información nos blogs de Andrea, Lucía e Sara) , os campos de fútbol,...  e xa que estades tan animados, aquí vos deixo unhas ligazóns a actividades interactivas moi interesantes e amenas que vos axudarán a repasar os conceptos traballados xogando un pouquiño. Espero que vos gusten. Saúdos.

Relacións entre unidades de lonxitude.Goberno de Canarias
Por certo, se vos apetece probar outras distintas, aquí volas deixo. 


Vamos a medir, Xunta de Andalucía.

Unidades de lonxitude. Goberno de Canarias. 


miércoles, 9 de mayo de 2012

Volcáns. Levamos o noso experimento ás aulas de Educación Infantil.

Un grupo de nen@s de Educación Infantil viron o vídeo co noso "volcán caseiro" e mostráronse moi interesados en coñecer o proceso, así que, sen dubidalo, confeccionamos dous volcáns (moito máis perfeccionados) e alá nos fomos, de visita ás súas aulas para que o visen en vivo e en directo.!!! 

miércoles, 2 de mayo de 2012

Presentación do tema: As paisaxes de Galicia.

E seguimos a traballar!!!! Aquí vos deixo a presentación do tema para que poidades preparalo mellor. Lembrade  usar os mapas localizando os lugares nomeados. Ánimo.

lunes, 30 de abril de 2012

Fotografías de paisaxes de Galicia.

A continuación déixovos o primeiro álbum de fotografías de paisaxes galegos que estamos recopilando ca colaboración de tod@s. Ánimo e participa cas túas fotos!!!!

jueves, 26 de abril de 2012

As paisaxes de Galicia.

Aquí estamos cun tema novo de Medio: as paisaxes de Galicia.
Hoxe xa vimos un vídeo do proxecto Terra, que fixo unha introdución moi interesante, pero quero deixarvos unha ligazón a un ODE que atopei, e penso que vos axudará dun xeito moi ameno a coñecer un pouco mellor as diferentes paisaxes, e tamén vos ensinará a valorar os cambios producidos pola humanidade, así como os coidados que debedes ter se ides de excursión ó campo. Espero que vos guste!!
                                                                           Actividade interactiva. Creative Commons BY-NC-SA

jueves, 19 de abril de 2012

Colaboramos ca ANPA recollendo tapóns!!!

Mirade cantos tapóns xuntamos en tan pouco tempo!!!!.O próximo luns levarémosllos á ANPA. 
                                                        Por unha boa causa!!!!.

miércoles, 18 de abril de 2012

Outra de Mate!!

Neste ODE tedes varias opcións, podedes empezar por "Formas y orientación en el espacio".



Un aperitivo de Mate, proba, seguro que che interesa!!!

Como xa dixemos, pronto imos ver as simetrías, déixovos unha mostra. Animádevos e probade!!!


                                                                        SIMETRÍA

domingo, 15 de abril de 2012

miércoles, 11 de abril de 2012

Vídeo sobre os volcáns.

A continuación deixovos o vídeo que  me pedistes sobre os volcáns. Xa me contaredes que é o que máis vos interesou.

lunes, 9 de abril de 2012

O relevo terrestre

Ola a tod@s de novo, imos empezar un tema novo, o relevo terrestre, aquí vos deixo un Glog por se lle queredes ir dando unha ollada.


 

viernes, 30 de marzo de 2012

jueves, 29 de marzo de 2012

viernes, 23 de marzo de 2012

Ten xeo Mercurio???

Pincha neste enlace de La Voz de Galicia e descubrirás a resposta. Xa nos contarás.
Por certo, non te perdas as imáxenes, son espectaculares.

martes, 20 de marzo de 2012

Xogamos un pouco?

Atopei un ODE moi entretido, espero que vos guste.

Junta Castila-León

A Terra e a Lúa.

Deixovos outro vídeo que nos recomendou Andrea e que permite observar os movementos da terra


O Sistema Solar.

Aquí vos deixo un video que mostra una breve descripción do Sistema Solar. 


Benvida e presentación

Ola a tod@s e bienvenid@s a este blog que nace dedicado os meus alumn@s de 5º EP do curso 2011/12 , no que podedes encontrar ODEs, actividades, xogos, curiosidades, videos, etc, que vos permitirán disfrutar, aprender, reforzar e avanzar na aprendizaxe diaria e tamén curricular.
 Grazas a tod@s,e en especial aos autores de todos estes materiais que tan xenerosamente comparten!