jueves, 19 de diciembre de 2013

Prezi plantas!!

Ola, aquí vos deixamos o prezi sobre as plantas que fixeron Cora e Raquel. Resulta moi interesante dado que como non dispoñían de moitas imáxenes con licencia libre, fixeron os seus propios debuxos !!! Parabéns!!! :)

CowParade!!!

Ola!! Aquí vos deixamos a mostra dos  traballos cos que participastes. Quedaron moi chulos!!!

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Ecosistemas!!!

Ola rapazas e rapaces, aquí vos deixamos unhas actividades interactivas deste tema, para que poidades comprendelo un pouco mellor :)


E na seguinte, tamén podedes aprender o vocabulario do tema en inglés ;)







viernes, 29 de noviembre de 2013

O tanque matemático!!!

Unha completa web de matemáticas creada por Mario Ramos que nos permite ter acceso a moitos recursos de diferentes áreas, pero sobre todo de Matemáticas. Entrade e navegade por ela que seguro encontraredes moitas actividades interesantes. Xa me contaredes!!!


Plantas??

Estamos a estudar un dos vosos temas preferidos, as plantas, un mundo fascinante e o mesmo tempo complexo, no que non todo resulta tan simple e sinxelo como parece a primeira vista, onde aprenderemos non só a coñecelas mellor, senon tamén a respetalas, dado que en gran  medida dependemos delas.
E para iso podedes navegar un pouco por estos vídeos e actividades interactivas que están na rede (aproveitade tamén para aprender idiomas, pois unha delas permítevos practicar vocabulario de inglés:







Cuadernia






Coidemos as plantas e evitemos os incendios :)





miércoles, 20 de noviembre de 2013

Marte: Observade a fascinante animación que fixo a NASA sobre como era o Planeta Vermello hai 4 billóns de anos. 




martes, 19 de noviembre de 2013

Prezi e os animais invertebrados!

Hoxe damos un paso máis  no uso das ferramentas 2.0. Raquel e Cora presentan o primeiro Prezi do ciclo, o tema elexido : Os animais invertebrados. Un traballo fantástico !!! Parabéns!! :)

martes, 12 de noviembre de 2013

Mejora tu ortografía!!

Anímate a practicar y a mejorar tu ortografía con las propuestas de Mariano Santos Posada!!!
No dejes de visitar el apartado en el que se muestran las últimas novedades de la Real Academia Española.


lunes, 11 de noviembre de 2013

Visita os Museos Científicos Coruñeses. Entrada gratuita!!

Boas tardes!
Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia con entrada gratuíta desde o 11 ó 17 de novembro. É unha boa ocasión para visitalos e disfrutar da variada axenda de actividades que nos propoñen.
Pincha aquí para ver o programa.

sábado, 9 de noviembre de 2013

Teñen algo en común un polbo e unha bolboreta??

Pois vai ser que sí, descubrídeo nos seguintes vídeos, que presentan os animais invertebrados empregando un exemplo de cada un dos grupos nos que os podemos clasificar, e tamén mostra curiosidades dalgúns deles. Non deixedes de velos!!!



Artrópodos, insectos e demáis grupos:



Equinodermos e moluscos



E agora se queres da un paseo pola seguinte actividade interactiva, ben para repasar ou ampliar 
pntic.mec

E agora un vídeo moi interesante de National Geographic que Raquel nos envia para que coñezamos mellor o mundo das medusas!!
Xa nos contaredes o que vos sorprendeu e fascionou máis !! :)



E xa non deixedes de ver o vídeo da metamorfosis das bolboretas!!


jueves, 7 de noviembre de 2013

Sabemos buscar información de xeito eficaz na rede?

A rede contén unha gran cantidade de información, que ocasiona que moitas veces tantos os adultos como os rapaces nos vexamos desbordados polo exceso da mesma, e tamén polas dúbidas  de coñecer se a información que aparece é fiable.
Por iso é moi importante saber buscar na rede de xeito eficaz, empregar rutas ou trucos para concretar as buscas, recoñecer as páxinas que poden ofrecer información veraz ...
Este é o motivo polo que incorporaramos hoxe ó blog o traballo realizado polas profesoras : Olga Rodríguez e Charo Sánchez-Gabriel titulado: "Aprende a buscar na rede con eficiencia"  e agradecerlles ás memas que o compartan con todos nós.


jueves, 31 de octubre de 2013

Celebramos o Samaín!

Bos días!!!
Se vivíramos na época dos celtas, hoxe estaríamos celebrando o Aninovo, o paso do outono ó inverno!!! 
Entre a cantidade de ritos que realizaban, destacaremos o de introducir candeas nas caveiras dos seus inimigos mortos en campaña, e a colocación das mesmas no alto dos muros dos castros, ou nas ventás das casas... Pero a verdade, é que estamos no século XXI, aínda así,  podemos recuperar esa tradición e tallar caveiras en cabazas e colocar unha candea acesa no seu interior !!!
Aquí vos deixo un vídeo que vos mostra cómo podedes decorar esas cabazas e se vos animades, facédeo acompañados dun adulto :)
Aproveitade para repasar inglés!




Tamén vos deixo o enlace ó texto publicado pola Xunta de Galicia, onde tedes información sobre o Samaín e tamén unha proposta de manualidades que podedes facer estes días. Só tedes que imprimir as que máis vos gusten. Pichade aquí.

E mentres facedes estas cousas podedes bailar a ritmo o Twist do esqueleto ou a Noite de Terror
Boa fin de semana!!!

domingo, 20 de octubre de 2013

Animais vertebrados

Os animais poden clasificarse en vertebrados e invertebrados dependendo de se teñen ou non esqueleto con columna vertebral!!! Nas seguintes actividades interactivas poderás coñecer un pouco mellor ós vertebrados!! 
Anímate e ségueme!!!!

Educared


Cuadernia 


PNTIC

E non deixedes de visitar os seguintes recursos, o primeiro deles é un breve documental onde podemos ver fauna típica de Galicia, e a segunda é unha actividade interactiva bilingüe, sobre a clasificación dos animais, vertebrados e invertebrados,e tamén poderedes aprender este vocabulario en inglés.





No seguinte vídeo poderedes aprender algo máis deste grupo de animais:



lunes, 14 de octubre de 2013

Aprendemos mecanografía!!!

Ola de novo, hoxe falamos da importancia da mecanografía,de utilizar todos os dedos á hora de poñernos diante dun teclado e deste xeito poder escribir textos, documentos, etc... de forma moito máis rápida.
Así que aquí vos deixo os xogos de VEDOQUE, que vos axudarán a practicar esta arte!
Animádevos a teclear!! :)










miércoles, 9 de octubre de 2013

Normas ortográficas do galego

Ola de novo,
Dado que moitas veces xurden dúbidas sobre a ortografía da nosa língua, aquí vos deixo a ligazón ás:
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega en 2003. 
Facede uso dela cando teñades algunha dúbida!!!



domingo, 6 de octubre de 2013

Museos científicos coruñeses!!!

Recordade que mañá, luns 7 de outubro, a entrada dos tres Museos Científicos  Coruñeses : Aquarium Finisterrae, Domus e Casa das Ciencias é gratuita. É un bo momento para visitalos!!! :)

miércoles, 2 de octubre de 2013

Lengua Castellana, Ocurrió en Pampelum!!!

Hola a todos y a todas, os dejamos las siguientes  actividades interactivas para que juguéis un poquito con la lengua y el lenguaje !!! :)

VOCABULARIO

Ordenar alfabéticamente

Genmagic

 El diccionario.


División de las palabras en sílabas.

Sílabas tónicas y átonas.





Repaso de vocabulario, ortografía y gramática.


Y no te olvides de realizar ejercicios de comprensión lectora, que son muy importantes!!!! 

Junta de Andalucía. AVERROES
Incluso puedes hacer tu propio test de comprensión!!! ANÍMATE!!!

J. Antonio Marín Candón

Y en la página de CHILDTOPIA, tú mismo/a, puedes elegir la lectura y responder a las preguntas que te formulan!!


                                         





miércoles, 25 de septiembre de 2013

Sistemas de numeración e números romanos!!!

Ola a todos e todas!!!! Aquí vos deixamos un pequeno recopilatorio de actividades interactivas coas que podedes repasar ou ampliar o tema 1 de mate: sistemas de numeración, lectura, escritura e descomposición de números, números romanos!!! 
Animádevos e practicade!!!:)

As seguintes actividades publicadas por Mario Ramos, permitiranvos repasar distintos contidos:

Descomposición. Mario Ramos

Piensa y escribe el número. Mario Ramos

Ordenar grupos de números. Mario Ramos

E para repasar os números romanos, non deixedes de facer as seguintes, están fenomenal!!!


Mario Ramos

Genmagic


Mario Ramos
E, se ademáis queredes facer algún problemiña, non deixedes de pinchar aquí.

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Os seres vivos!!!

Benvidos e benvidas!!!! 
Hoxe comezamos a publicar no noso blog unha pequena selección de actividades e recursos educativos  dispoñibles na rede, que vos permitirán reforzar ou ampliar os temas que estamos a estudar na clase de xeito divertido e ameno. 
Comezaremos polo primeiro tema de Coñecemento do Medio: Os seres vivos. Repasaremos as súas características, funcións vitais ,... profundizaremos na súa composición(células) e tamén  clasificación .

Esperamos que sexan do voso agrado e interés!!!




No seguinte ODE poderedes repasar ou ampliar coñecementos sobre a célula.



Na seguinte sobre a clasificación dos seres vivos. 

E tamén a organización interna dos mesmos:

E agora un pequeno repasiño








jueves, 12 de septiembre de 2013

Benvida !!! :)

Comezamos un novo curso cheo de ilusión e queremos dar a benvida a todos os rapaces e rapazas do centro, en especial ós que comezades quinto de EP!!! 
E, por suposto, ós antigos compañeiros e compañeiras que agoran pasan a 1º da ESO, desexarvos o mellor para o vindeiro curso que agora comenza!!! :)

domingo, 21 de julio de 2013

Excursión fin de curso!!!!

Ola de novo a todos e todas!
Sorprendidos de ver unha publicación a finais de xullo!!! :)Pois o motivo non é outro que ter recibido o prezi que fixo Marieta para compartir con todos nós a viaxe de fin de curso a Barcelona!!! Vemos que o pasastes xenial!!!
Moitísimas grazas Marieta!!! 

sábado, 22 de junio de 2013

Felices vacacións!!!

Despois de catro anos xuntos, con moitas recompensas e satisfaccións, ... chegou a hora da despedida. Dicirvos que as portas quedarán sempre abertas e que espero que mostredes entusiasmo, esforzo e dedicación na nova etapa que empezades.
Moita sorte a todos e a todas!!!
FELICES VACACIÓNS !!!! :)


jueves, 13 de junio de 2013

Facemos comics con pixton!!! :)

Hoxe coñecimos PIXTON  ferramenta 2.0 que nos permite a creación de cómics on line, está dispoñible en español e permítevos desplegar toda a vosa creatividade. Animádevos a probala!!!
Aquí vos deixo un titorial, que mostra o sinxelo que é o seu manexo :)

miércoles, 12 de junio de 2013

Prezi viaxa á Idade Media e Moderna!!!

Ola rapaces e rapazas, estamos a rematar o curso, e a verdade é que xa poucas publicacións nos quedan pendentes no noso blog. A que hoxe mostramos é para mín unha das mellores, porque recolle o voso traballo, esforzo, dedicación e sobre todo entusiasmo, porque non hai máis que mirar os vosos prezis para poder aprecialo. 
Os meus máis sinceros parabéns para todos vós: 



jueves, 6 de junio de 2013

Prezi de Martín !! :)

Martín tamén participou na creación dun Prezi sobre a Prehistoria e Idade Antiga, aquí volo deixo para que o vexades :)

miércoles, 5 de junio de 2013

Informados puntualmente!!!!

Ola rapazas e rapaces, hoxe quero recomendarvos o Blog de Orientación do cole, a través do cal Juanjo (Xefe do Departamento de Orientación)  nos ten sempre puntualmente informados de temas e convocatorias de enorme interese tanto para vos como para as vosas familias :

  •  campamentos ós que podedes asistir.
  •  convocatorias de becas (de comedor e de transporte)
  •  convocatorias da apertura de prazos para solicitar axudas para libros de texto.
  •  reflexións sobre a nova lei de educación.
  •  propostas para traballar as TICs.
  • proposta de actividades para aprender xogando.
  • commemoracións.
  • así como unha interesante axenda de conferencias, mesas redondas, etc. 

Todo isto,  podedelo encontrar na seguinte ligazón: 


Animádevos e visitádeo  :)



lunes, 27 de mayo de 2013

A loba branca :)

Ola a todos e a todas! Que tal vades de lendas? Sabedes moitas? Bueno, por se non estades moi especializados no tema, pero vos interesan, aquí vos deixo unha! 
Saqueina de internet, e logo, conteina coas miñas palabras. É tipica de... bueno, xá o veredes.
Espero que vos guste!!!

martes, 21 de mayo de 2013

Unha visita á Idade Media!!!

A Idade Media é unha etapa da Historia que comezou ca caída do Imperio Romano no ano 476 e o seu fin ven marcado en torno ó ano 1492 co descubrimento de América ou tamén no ano 1493 ca caída do Imperio Bizantino, que coincide co descubrimento da Imprenta e co fin da Guerra dos Cen Anos. 
Podes visitar un castelo medieval:



Realizar unha visita virtual ó Castelo de Peracense   en Aragón, ou ben ó Monasterio de Obarra (Iglesia) e tamén disfrutar da música medieval pinchando aquí

Non deixes de ver como era a vida nos mosteiros:


Así como tamén nas cidades medievais




A chegada dos bárbaros



E o feudalismo en Europa



Ou tamén visita este ODE


lunes, 20 de mayo de 2013

Quero aprobar!!!!!!


El suspenso es corregible

Hoxe imos presentar un recurso que o INTEF ofrece en aberto a pais e mestres, para correxir  os principais problemas que poden aparecer na vida educativa de calquera estudante.

Proporciona un material para a comunidade educativa, e axuda a formarse ós pais para acompañar e axudar, de maneira máis eficaz, ó estudo dos fillos e fillas. Así que se podedes, votádelles unha ollada, seguro que encontrades respostas a moitas das preguntas que vos facedes.

Animádevos!!! :)


Dificultades y suspensos


Padres y educadores


Mi hijo sabe estudiar


Cómo estudiar


Razones para estudiar






lunes, 13 de mayo de 2013

PREZI DE ANDREA



Nenos, déixovos o meu Prezi sobre a Prehistoria e a Idade Antiga para repasar o tema e para o exame.
Espero que vos guste.

viernes, 10 de mayo de 2013

A Prehistoria con Prezi


Ola compañeiros e compañeiras, que tal vai o repaso do
tema da Prehistoria e a Idade Antiga?
Aquí vos deixo o meu primeiro prezi, por se queredes dar un repaso para o exame. 
Espero que vos guste e que o disfrutedes moito. 
Saúdos.





viernes, 3 de mayo de 2013

Momos de Nepal !

Hola! ¿Qué tal estáis? Resulta que en la biblioteca del cole nos pidieron a los alumnos que colaborásemos en un trabajo sobre comidas o viviendas del mundo. A Sexto de Primaria nos tocó Asia.
Yo elegí comidas, a continuación decidí hacerlo sobre Nepal.
Busqué información sobre comidas típicas de allí y este plato me pareció el más apetecible. 
Se llaman Momos y están rellenos de carne, aunque también se puede hacer con verduras.
Después de entregar el trabajo, a modo de ampliación, decidí cocinar el plato y hacer un vídeo. 
Y me puse manos a la obra, espero que os guste! :)

jueves, 2 de mayo de 2013

Coñecemos Prezi !!! :)

Ola, esta semana coñecimos Prezi , aplicación multimedia para creación de presentacións, moi dinámica, e que ten como novidade a posibilidade de presentar a información en forma de esquema e expoñela en liberdade, sen a secuencia de diapositivas. 
Deixovos un titorial de prezi que me parece moi interesante, e para entrar en Prezi pincha aquí.
Aproveita esta fin de semana e prepara algunha presentación con Prezi e compártea con nós :)




martes, 30 de abril de 2013

A Prehistoria e a Idade Antiga!!!

Xa empezamos tema novo, A Prehistoria e Idade Antiga,  imos completalo e facelo máis ameno ca visualización dos seguintes recursos: videos, actividades interactivas, xogos,...
Empezaremos por unhos vídeos de ArteHistoria sobre o Paleolítico,  Neolítico e o Imperio Romano.



E agora podemos visualizar algunha das moitas actividades interactivas que sobre o tema podemos atopar na rede, desde unha máquina para viaxar polo tempo, ata unha viaxe a través da historia, e moito máis, anímate e empeza a túa viaxe pola actividade que máis che guste :)
 


Junta Castilla-León




 


 


AGREGA



miércoles, 24 de abril de 2013

Unha viaxe pola NASA para nenos!!

Ola rapaces, navegando pola rede na busca de recursos e actividades que vos poidan interesar, atopei unha que vos pode fascinar : a NASA para nenos, non deixedes de votarlle unha ollada, ten actividades e xogos moi interesantes, por exemplo: imáxenes do universo desde todo tipo de luz, construción dun localizador de estrelas... e moitas curiosidades: descubrirás que o espazo lonxano é máis frío que o Polo en inverno, ...
Animádevos, e entrade a visitala :)


jueves, 11 de abril de 2013

Percorrido polos ríos de España!!

Aquí vos deixo uns recursos dixitais que atopei na rede para que recorrades os ríos!! :)
Agrega


Mapas de España. Enrique Alonso





miércoles, 3 de abril de 2013

Unha viaxe polos climas de España!!!!

clima e o tempo son dous conceptos que ás veces confúndense, e convén telos claros.
O tempo é o estado da atmosfera nun momento determinado, e ben dado polas características meteorolóxicas dun instante, sendo as principais a temperatura, humidade, presión, vento, precipitacións,... Mentras que o clima  fai referencia ós valores medios das condicións do tempo para un lugar determinado ó longo dun período de varios anos; é o resultado da interacción de distintos factores atmosféricos, biofísicos e xeográficos, que poden cambiar no tempo e no espacio, tales como a latitude, altitude, distancia ó mar, etc
Se queres navegar pola rede e aprender algo máis sobre os elementos e factores do clima, os climas de España, climogramas, etc... da un paseo polas seguintes actividades interactivas, verás cómo che gusta :)





recursostic.educacion
Clarion web


Cuadernia

ntic.educación