martes, 29 de mayo de 2012

Capacidade e masa.

Para medir a capacidade usamos o litro  e para medir a masa usamos os gramos . Cada unha destas unidades ten, como sabedes múltiplos e submúltiplos. Hai unhas actividades interactivas moi interesantes, entretidas e clarificadoras, que vos axudarán a repasar e avaliar os vosos coñecementos. Algunhas das compañeiras da clase, xa estiveron buscando actividades e publicaron os enlaces nos seus blogs, a verdade e que vos deixan un abanico moi amplo onde  elexir. Se queredes, podedes mirar no blog de Andrea, Sara e Lucía.
Eu tamén seleccionei algúns, de toda a oferta que hai, aquí volos deixo. Saúdos. 
Empezaremos pola capacidade:

Junta de Andalucía.

Gobierno de Canarias . Mario Ramos
E agora, para repasar a masa, déixovos algunhas recomendacións:
Masa. Agrega.

miércoles, 23 de mayo de 2012

A poboación.

En Coñecemento do Medio estamos a iniciar un tema novo, que nos fala, entre outras moitas cousas, da poboación da nosa comunidade, e das súas características. Aparecen termos novos como poboación urbana, rural, activa e non activa,  densidade de poboación, poboamento disperso ou concentrado, etc... Nesta actividade de Agrega poderás afianzar ou ampliar os teus coñecementos.
Agrega. A poboación. 


lunes, 21 de mayo de 2012

Clases de palabras. El verbo.

Hola, en clase de lengua castellana estamos estudiando entre otras muchas cosas el verbo, y he encontrado una actividad interactiva muy interesante y entretenida que os puede ayudar a reconocerlo y a repasar: persona y número, tiempo, modo, conjugación, ... Espero que os guste!!!
Junta de Andalucía.
                                              
También hay una página educativa de José A. del Olmo, donde se proponen una serie de ejercicios y ejemplos didácticos que permiten reconocer el verbo y el cómo y cuándo se utiliza. Pincha aquí

martes, 15 de mayo de 2012

Seguimos ca lonxitude.

Aquí estou de novo, xa vos dixen que atopei outra actividade interactiva que está fenomenal, e como o prometido é deuda, aquí vola deixo!!!!
Agrega. La longitud.

viernes, 11 de mayo de 2012

Lonxitude. Relacións entre as distintas unidades.

Ola de novo, a lonxitude é un tema que está moi presente na nosa vida diaria, xa o traballamos de distintas formas: medistes as vosas habitacións, obxectos nas vosas casas,investigastes sobre o que poden medir as torres máis altas do mundo (podedes ampliar esta información nos blogs de Andrea, Lucía e Sara) , os campos de fútbol,...  e xa que estades tan animados, aquí vos deixo unhas ligazóns a actividades interactivas moi interesantes e amenas que vos axudarán a repasar os conceptos traballados xogando un pouquiño. Espero que vos gusten. Saúdos.

Relacións entre unidades de lonxitude.Goberno de Canarias
Por certo, se vos apetece probar outras distintas, aquí volas deixo. 


Vamos a medir, Xunta de Andalucía.

Unidades de lonxitude. Goberno de Canarias. 


miércoles, 9 de mayo de 2012

Volcáns. Levamos o noso experimento ás aulas de Educación Infantil.

Un grupo de nen@s de Educación Infantil viron o vídeo co noso "volcán caseiro" e mostráronse moi interesados en coñecer o proceso, así que, sen dubidalo, confeccionamos dous volcáns (moito máis perfeccionados) e alá nos fomos, de visita ás súas aulas para que o visen en vivo e en directo.!!! 

miércoles, 2 de mayo de 2012

Presentación do tema: As paisaxes de Galicia.

E seguimos a traballar!!!! Aquí vos deixo a presentación do tema para que poidades preparalo mellor. Lembrade  usar os mapas localizando os lugares nomeados. Ánimo.