martes, 10 de febrero de 2015

10 de febreiro. Día de Internet Segura

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día de Internet Segura
"Xuntos podemos facer unha internet mellor "
Sabedes dos peligros que existen na rede e a importancia de seguir os seguintes consellos:
  • non facilitar os teus datos nin información persoal na rede
  • non enviar fotos sen permiso de vosos pais 
  • non grabar nin fotografiar a ninguén sen o seu permiso e menos publicalo 
  • non concertar encontros con persoas descoñecidas
  •  non premer en calquera ligazón
  •  non falar con descoñecidos nas redes sociais
  • non facer compras sin supervisión dun adulto
  •  cerrar sempre o correo electrónico...

Ollade o seguinte video que vos mostra as 10 claves para navegar con seguridade pola rede



O seguinte vídeo, móstravos os perigos de pinchar en calquera ligazón en internet e os problemas de non ter ningún antivirus, así como o que debemos facer para solucionalo





Con TriviRal, xogo de preguntas e respostas,  sobre riscos na rede (dirixido a rapaces e rapazas desde os 10 ós 15 anos) Convírtete nun experto/a loitador/a fronte ás ameazas que podes encontrar na rede.



Aquí temos unha guía do uso das tecnoloxías da información que pode ser usado tanto por vós, vosos pais/nai, profes,...














 



Tamén podedes visitar o portal: TÚ DECIDES, canal da Axencia de Protección de Datos, que vos ensina a usar de xeito adecuado e responsable a información que se publica na rede