jueves, 31 de octubre de 2013

Celebramos o Samaín!

Bos días!!!
Se vivíramos na época dos celtas, hoxe estaríamos celebrando o Aninovo, o paso do outono ó inverno!!! 
Entre a cantidade de ritos que realizaban, destacaremos o de introducir candeas nas caveiras dos seus inimigos mortos en campaña, e a colocación das mesmas no alto dos muros dos castros, ou nas ventás das casas... Pero a verdade, é que estamos no século XXI, aínda así,  podemos recuperar esa tradición e tallar caveiras en cabazas e colocar unha candea acesa no seu interior !!!
Aquí vos deixo un vídeo que vos mostra cómo podedes decorar esas cabazas e se vos animades, facédeo acompañados dun adulto :)
Aproveitade para repasar inglés!




Tamén vos deixo o enlace ó texto publicado pola Xunta de Galicia, onde tedes información sobre o Samaín e tamén unha proposta de manualidades que podedes facer estes días. Só tedes que imprimir as que máis vos gusten. Pichade aquí.

E mentres facedes estas cousas podedes bailar a ritmo o Twist do esqueleto ou a Noite de Terror
Boa fin de semana!!!

3 comentarios:

Unknown dijo...

Profe lo puso para los que no lo habian copiado en clase ? Aun asi está muy chulo el video

Anónimo dijo...

Como mola profe me llene de miedo al ver esa calabaza , pero la que hice yo da mucho más miedo . Óscar .

Unknown dijo...

Xa vexo que o video e o tema do Samain espertaron moito interese, do cal me alegro!
E Óscar, se queres tráenos a cabaza á clase e poderemos comprobar quenes son os máis medorentos!! :)
Saúdos