"Xuntos podemos facer unha internet mellor "
Sabedes dos peligros que existen na rede e a importancia de seguir os seguintes consellos:
- non facilitar os teus datos nin información persoal na rede
- non enviar fotos sen permiso de vosos pais
- non grabar nin fotografiar a ninguén sen o seu permiso e menos publicalo
- non concertar encontros con persoas descoñecidas
- non premer en calquera ligazón
- non falar con descoñecidos nas redes sociais
- non facer compras sin supervisión dun adulto
- cerrar sempre o correo electrónico...
Ollade o seguinte video que vos mostra as 10 claves para navegar con seguridade pola rede
O seguinte vídeo, móstravos os perigos de pinchar en calquera ligazón en internet e os problemas de non ter ningún antivirus, así como o que debemos facer para solucionalo
Con TriviRal, xogo de preguntas e respostas, sobre riscos na rede (dirixido a rapaces e rapazas desde os 10 ós 15 anos) Convírtete nun experto/a loitador/a fronte ás ameazas que podes encontrar na rede.
Aquí temos unha guía do uso das tecnoloxías da información que pode ser usado tanto por vós, vosos pais/nai, profes,...
Tamén podedes visitar o portal: TÚ DECIDES, canal da Axencia de Protección de Datos, que vos ensina a usar de xeito adecuado e responsable a información que se publica na rede
1 comentario:
Muy chulo!
Publicar un comentario