martes, 30 de abril de 2013

A Prehistoria e a Idade Antiga!!!

Xa empezamos tema novo, A Prehistoria e Idade Antiga,  imos completalo e facelo máis ameno ca visualización dos seguintes recursos: videos, actividades interactivas, xogos,...
Empezaremos por unhos vídeos de ArteHistoria sobre o Paleolítico,  Neolítico e o Imperio Romano.



E agora podemos visualizar algunha das moitas actividades interactivas que sobre o tema podemos atopar na rede, desde unha máquina para viaxar polo tempo, ata unha viaxe a través da historia, e moito máis, anímate e empeza a túa viaxe pola actividade que máis che guste :)
 


Junta Castilla-León




 


 


AGREGA



miércoles, 24 de abril de 2013

Unha viaxe pola NASA para nenos!!

Ola rapaces, navegando pola rede na busca de recursos e actividades que vos poidan interesar, atopei unha que vos pode fascinar : a NASA para nenos, non deixedes de votarlle unha ollada, ten actividades e xogos moi interesantes, por exemplo: imáxenes do universo desde todo tipo de luz, construción dun localizador de estrelas... e moitas curiosidades: descubrirás que o espazo lonxano é máis frío que o Polo en inverno, ...
Animádevos, e entrade a visitala :)


jueves, 11 de abril de 2013

Percorrido polos ríos de España!!

Aquí vos deixo uns recursos dixitais que atopei na rede para que recorrades os ríos!! :)
Agrega


Mapas de España. Enrique Alonso





miércoles, 3 de abril de 2013

Unha viaxe polos climas de España!!!!

clima e o tempo son dous conceptos que ás veces confúndense, e convén telos claros.
O tempo é o estado da atmosfera nun momento determinado, e ben dado polas características meteorolóxicas dun instante, sendo as principais a temperatura, humidade, presión, vento, precipitacións,... Mentras que o clima  fai referencia ós valores medios das condicións do tempo para un lugar determinado ó longo dun período de varios anos; é o resultado da interacción de distintos factores atmosféricos, biofísicos e xeográficos, que poden cambiar no tempo e no espacio, tales como a latitude, altitude, distancia ó mar, etc
Se queres navegar pola rede e aprender algo máis sobre os elementos e factores do clima, os climas de España, climogramas, etc... da un paseo polas seguintes actividades interactivas, verás cómo che gusta :)





recursostic.educacion
Clarion web


Cuadernia

ntic.educación